Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo socialista de Foz levará ao vindeiro pleno dúas moción para que o equipo de goberno requira á actual empresa concesionaria a que dea solución ás deficiencias sinaladas no informe de auditoría externa encargada polo Concello

Foz 10-12-2018. Tras vencer, xa fai un ano, o contrato de abastecemento e saneamento da auga en Foz e diante da inminente saída a concurso da concesión dun servizo, que se volverá a privatizar facendo caso omiso das propostas de municipalización presentadas tanto polo PSOE como polo BNG, o grupo socialista levará ao vindeiro pleno dúas moción para que, o equipo de goberno, requira á actual empresa concesionaria a que dea solución ás deficiencias sinaladas no informe de auditoría externa encargada polo Concello.

Tras sinalar diferentes informes de intervención a necesidade de unha auditoría “xa que non foi posible determinar si empresa concesionaria realizou todas as inversións ás que se comprometeu” esta encárgase a unha empresa, co obxectivo de analizar e inspeccionar o estado de mantemento e conservación de todos os elementos dos sistemas de abastecemento e saneamento en réxime de concesión.

Dito informe reflexa unha serie de compromisos por parte da concesionaria, difíciles de constatar, tanto económicos como de mantemento e xestión dos sistemas a explotar. Poñendo en dúbida a actualización dos planos da rede de abastecemento e a existencia do modelo de rede. As inspeccións constatan a antigüidade de algunhas das infraestruturas e equipos que compoñen o sistema de abastecemento, que superan os 25 años, apuntando que a súa vida útil pode estar chegando ao seu fin. Detéctanse tamén, una serie deficiencias – 17 en na rede de abastecemento e 13 na de saneamento – nos depósitos, estacións de tratamento, bombeo de auga potable e outras instalacións, que recomendan esixir á empresa concesionaria antes da nova concesión.

Os socialistas consideramos que é fundamental para o desenrolo do pobo, dispor de unha planimetría actualizada do servizo, incluíndo tipoloxía e dimensión dos condutos, localización das distintas válvulas e elementos do sistema en formato dixital con coordenadas xeo-localizadas. E con mais motivo antes da saída a concurso do servicio, para que calquera empresa poida concorrer en igualdade de condicións que a actual concesionaria.

Motivos estes que nos levan a presentar as devanditas mocións no pleno deste xoves, para instar ao equipo de goberno a que requira á empresa concesionaria a planimetría actualizada e a que realice as reparacións necesarias para solucionar todas e cada unha das deficiencias detectadas segundo as recomendacións realizadas polo informe de auditoría de Eptisa

Exit mobile version