Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro pide máis aparcamentos e asentos para a marquesina no barrio da Cruz en Covas

Viveiro, 27 de novembro de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno :

1) A falta de aparcamentos en Viveiro é máis que evidente en numerosas zonas do noso concello. Así en zonas urbanas como a Misericordia, Cantarrana, Covas, Lodeiro, Xunqueira ou mesmo Celeiro esta deficiencia e moi notable, e en especial en determinadas épocas do ano.
En zonas como Cantarrana e Covas existen na actualidade varios solares sin uso específico por parte dos seus propietarios, polo que o goberno local podería negociar cos mesmos o uso destes terreos para adicalos a aparcamento.
En Celeiro, e logo de que no pasado pleno do 7 de novembro se aprobase a solicitude a Costas da cesión da propiedade da superficie de 2397 metros cadrados en lavandeiras e si dita solicitude prospera, poderíase habilitar neste espacio unha parte para aparcamento.

Por todo esto lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que de resposta a este falta de aparcamentos nestas zonas reseñadas e tente de levar a cabo algunhas das nosas propostas indicadas neste rogo.

2) Fai uns meses o Concello colocou unha nova marquesina de parada de bus ( a petición do noso grupo ) ao carón da estrada LU-862, no barrio da Cruz na parroquia de Covas. Desde a súa colocación observamos que non dispón dun banco de asiento na propia marquesina. Por este motivo lle ROGAMOS a súa colocación a maior brevidade posible.

Exit mobile version