O proxecto “Galicia Norte. Mares de Experiencias” foi presentado esta mañá
nun concurrido acto público presidido polo vicepresidente do GALP A Mariña-
Ortegal, Alfredo Llano García, o vicepresidente do GALP Golfo Ártabro Norte,
César Longo Queijo, o Tenente de Alcalde e Concelleiro do Mar do Concello
de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, a Directora Xeral de
Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, Susana Rodríguez Carballo
e o Director de Sector Público de Valora Consultores, empresa encargada da
execución do proxecto, Julio Sánchez Montoya. Asistiron tamén concelleiros e
concelleiras das áreas de Turismo dos municipios implicados, así como
representantes dunhas corenta empresas adheridas ao proxecto. A
presentación da parte técnica correu a cargo do responsable da empresa
executora, Valora Consultores.
O obxectivo desta iniciativa financiada con fondos europeos a través do FEMP
(Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) é poñer en valor o rico patrimonio
turístico mariñeiro do territorio, así como mellorar a competitividade das
empresas relacionadas con produtos do sector do mar e pesqueiro locais
relacionados co turismo, poñendo en valor as labores mariñeiras tradicionais,
os produtos do mar e como estes chegan ás nosas casas.
Esta “posta en común” materializarase coa publicación dun folleto turístico de
10 rutas experienciais autoguiadas visitables todo o ano para desestacionalizar
o turismo. Barrios e festas con sabor mariñeiro, faros e pontes cun legado
eterno, tradición indiana e baleeira de Galicia, observación de aves,
sendeirismo, surf e turismo de caravanas. Todas estas son as diferentes
opcións que ofertan as rutas de “Galicia Norte. Mares de Experiencias”.
Calendario de formación e asesoramento a empresas
No que respecta ao asesoramento, tiveron lugar 7 xornadas de difusión sobre
o contido do proxecto en diferentes localizacións dos 23 concellos. Por último,
calendarizáronse 5 xornadas colaborativas de turismo mariñeiro entre as
empresas interesadas no proxecto, coa fin de crear produto colaborativo entre
os diferentes subsectores, e 5 obradoiros demostrativos dos oficios do mar, coa
fin de poñer en valor os oficios relacionados co mar e co turismo mariñeiro..
Ademáis, entre as empresas participantes no proxecto leváronse a cabo 30
visitas de asesoramento personalizado nos diferentes concellos abarcados
polo mesmo.
En paralelo
Outras accións que se levaron a cabo son a promoción do territorio a través de
redes sociais (Facebook e Instagram), con publicacións sobre o turismo
mariñeiro e accións derivadas no marco do proxecto.