En primeiro lugar, Carmen Veiga agradeceu o apoio e confianza amosada polos socialistas de Barreiros e polo grupo provincial para encabezar este proxecto político. “Imos confeccionar unha lista que reflicta e recolla as inquedanzas de toda a sociedade de Barreiros co obxectivo de que os socialistas gañemos os próximos comicios. Estamos ante un momento de moita responsabilidade, por iso, que ninguén dubide do esforzo e traballo que imos facer para que Barreiros volva estar no lugar que se merece, que falen das nosas fermosas praias, da exquisita comida ou da xente amigable coa que contamos, e non dos problemas que temos no Concello por culpa dunha pésima xestión do goberno do PP”.
“É un momento de cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Temos que ser capaces de ofrecerlles un proxecto social que integre e que non deixe a ninguén fora. Desenvolver ideas ilusionantes, escoitando as demandas dos veciños e traballando cóbado con cóbado con eles para dinamizar a vida social, a economía e o turismo do noso Concello, aproveitando as oportunidades que o territorio nos achega. Estou convencida que dende a unión e a forza o conseguiremos”, engadiu a candidata socialista.
Pola súa parte, Álvaros Santos felicitou a Carmen Veiga e destacou que “o PSOE presentará un proxecto no que primen as persoas sobre os intereses partidistas, no que estar ao carón dos veciños e as súas necesidades sexa o motor que nos empuxe a gañar as elección de maio”.