Para celebrar a chegada de Fin de Ano dun xeito deportivo non hai mellor xeito que facelo nas canchas de xogo nas que se adestra durante a tempada, con tal motivo na mañá deste venres tivo lugar no Pavillón Municipal de Viveiro unha intensa e deportiva xornada, chea de momentos de sorriso, gozo e sorpresa entre @s usuari@s de Aspanane e @s seus monitores, xogando primeiro a baloncesto e a continuación a fútbol sala, contando coa inestimable presenza e axuda de Papa Noel, que tivo a xentileza de arbitrar ambos encontros.
