Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro para o pleno de Decembro

Viveiro, 27 de novembro de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

No pleno do 8 de xaneiro do 2015 o noso grupo pesentou unha moción relativa á colocación de carteleiras informativas no noso concello, moción que foi consensuada e aprobada por unanimidade, facultando á Sra. Alcaldesa para que fixera as xestións necesarias coas empresas e para que buscase os sitios mási idóneos para a súa colocación.
No pleno do 4 de novembro de 2015 volvimos a preguntar por este asunto, sendo a resposta da Sra. Alcaldesa que pediran precios e que saían cada unidade por 350 euros máis IVE, faltando por decidir os lugares máis idóneos para a súa colocación.
No pleno do 11 de outubro de 2017, fai máis dun ano, voltamos a preguntar por este tema, sendo a súa resposta que o máis axeitado pasaba por ubicalas en edificios públicos. Coma a día de hoxe non nos consta que se teñan colocado en ningún lado, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. alcadesa:

1- Teñen localizados os lugares públicos onde se colocarán estas carteleiras ?
2 – En caso afirmativo, cales son estes lugares ?
3 – De non telas colocadas,en que datas pensan facelo ?

Celestino García Paz
Concelleiro PP de Viveiro

Á SRA. ALCALDESA DO EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO

Exit mobile version