Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación final do proxecto “Galicia Norte. Mares de Experiencias”

Viveiro, 12 de decembro de 2018.- Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte e A Mariña-Ortegal presentan o vindeiro 13 de decembro, ás 12.30h en Viveiro, os resultados do proxecto de cooperación “Galicia Norte. Mares de Experiencias”, financiado con fondos europeos a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
O evento estará presidido polo Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro Jesús Fernández Fernández; pola Presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte, Mª José Crespo Fraga; o Vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal, Alfredo Llano García; a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, Susana Rodríguez Carballo; e por representantes da empresa Valora Consultores, encargada da realización do proxecto

Exit mobile version