Site icon Crónica3.com A Mariña

Proba Artística das Olimpíadas da Mariña Central

A Mariña 2-12-18. O pasado sábado, día 1 de decembro, no Auditorio Muncipal de Burela, celebrouse a Proba Artística das Primeiras Olimpíadas da Mariña Central. Os artistas deron proba das súas capacidades creativas e artísticas, sendo a música e o teatro os grandes protagonistas da xornada.

Os vencedores desta xornada foron Lourenzá (unha combinación, cun monólogo de Noé Recalde titulado “Xirarei” e unha canción de Jonathan Dasilva titulada “Con las ganas”) e Mondoñedo (coa representación da obra “As tres preocupacións do Rei Cintolo”, do grupo de teatro Xoldra). Ambos equipos conseguiron un total de 54 puntos por parte do Xurado e conseguiron os dous a medalla de prata desta proba.
Medalla de bronce foi o concello de Foz, que representou a obra titulada “A consulta”, na que participaron actores dos grupos de teatro A Adala e O Centiño. Foz conseguiu 51 puntos do Xurado.
A continuación os equipos quedaron do seguinte xeito:
4. Valadouro – 50 puntos.
5. Burela – 47 puntos.
6. Alfoz – 47 puntos.
7. Barreiros – 47 puntos.
8. Cervo – 45 puntos.

O Xurado estivo formado por Paco Piñeiro (Cervo), Antonina Semedo (Burela), Chingla (Foz), Luís Miguel Yáñez (Alfoz), Mari Gómez (Valadouro), Iván Otero (Barreiros), José García (Mondoñedo) e Manuel Goás (Lourenzá).

Despois de ter xa disputadas dúas xornadas, a clasificación das Olimpíadas pasa a estar encabezada polo concello de Mondoñedo. A clasificación queda do seguinte xeito:
1. Mondoñedo – 375 puntos.
2. Valadouro – 325 puntos.
3. Foz – 275 puntos.
4. Lourenzá – 275 puntos.
5. Alfoz – 200 puntos.
6. Cervo – 175 puntos.
7. Barreiros – 150 puntos.
8. Burela – 125 puntos.

A seguinte proba será o Fútbol Sala, que se disputará no Pavillón de Marzán de Foz o vindeiro día 6 de decembro, a partir das 9,30 da mañá as eliminatorias de cuartos de final e a partir das 16,00 horas as semifinais e a final.

Exit mobile version