Site icon Crónica3.com A Mariña

Programación de Nadal no Concello de Viveiro

Viveiro 14-12-18. A programación de Nadal organizada polo Concello de Viveiro, inclúe o tradicional belén “Viveiro ante o berce”, considerado un dos máis importantes de Galicia; o mercado de nadal “A trastenda de Nicomedes”, que este ano celebra a súa cuarta edición; a festa de Papá Noel, que terá lugar o 24 de decembro, con actividades e a súa visita na Praza Maior; e a tradicional cabalgata, que partirá de Celeiro, pasando por Covas e chegando a Viveiro.

A programación inclúe, tamén, actuacións e espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: “Encerrona”, de Pepe Viyuela; “O Baúl do Mago”; os contacontos “La sala de Catapunchimpum” e “Xogando no Nadal”; o “Concerto de Nadal” a cargo da Banda Municipal de Música; o espectáculo “Os bolechas Nadal Polo Norte”; “Noite de maxia e hipnose”; e a Gala Talet con Joni Ramos, César Brandon e Shado.

Cómpre destacar que a programación deste ano inclúe unha novidade dirixida aos máis pequenos da casa, que este ano terán a posibilidade de disfrutar de diversas atraccións que se instalarán dentro dunha carpa -para evitar o frío e a choiva- nos Xardíns Noriega Varela. Con esta actividade -que terá lugar entre o 21 de decembro e o 7 de xaneiro, de 16:30 a 20:30 horas, e que inclúe un carrusel, un tren e unha colchoneta- dáse resposta á demanda que viña existindo para que Viveiro puidese contar, en datas coma estas, con atraccións para o público infantil. Finalmente, quero agradecer publicamente ao Alcalde de Pol quen, atendendo ás xestións realizadas por este concello, autorizou a cesión temporal desta carpa, que pertence ao concello de Pol, para poder ser utilizada durante estas datas albergando a actividade Divernadal.

Exit mobile version