Site icon Crónica3.com A Mariña

Regal Xunqueira acollerá este venres unha das presentacións da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, dedicada ás artistas visuais galegas

Burela, 19 de decembro. O Complexo artístico Regal Xunqueira, en Viveiro, acollerá
este venres 21 de decembro, ás 20:00 h. unha das presentacións da Axenda Feminista
2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, dedicada ás artistas visuais galegas.
Este ano a axenda tráenos a obra, o discurso e a traxectoria de 12 mulleres do
panorama artístico galego contemporáneo: Ana Gesto (perfomer e artista visual),
Peque Varela (animadora audiovisual e publicitaria), Alicia Puchades (mestra de arte e grabadora), Iria Ribadomar (pintora e debuxante) Andrea Costas (mestra de deseño e
imaxe, fotografía, vídeo e performace), Xulia Vicente (ilustradora de banda deseñada), Renata Otero (profesora de arte, artista multidisciplinar e coach), Xoana Almar (pintora, ilustradora e muralista), Carmen P.G. Granxeiro (creativa visual, audiovisual, ilustración, deseño gráfco e fotográfco), Mónica Alonso (artista e investigadora), Uqui Permui (Deseñadora gráfca) Carme Nogueira (investigadora e artista multidisciplinar).
Na capa aparecen 12 obras, unha de cada unha das artista participantes e no seu
interior, as efemérides, están dedicadas exclusivamente á historia da arte feminista e da arte feita por mulleres.
A axenda pódese adquirir en 16 puntos de venda en toda Galiza, a un prezo de 14€:
Libraría de Mulleres Lila de Lilith (Santiago de Compostela), Livraría Suevia (A
Coruña), Libraría Moito Conto (A Coruña), Libraría Cartafol (Arzúa), Punto e Coma
(Carballo), Libraría Trama (Lugo), Bico de Grao (Lugo), Libraría Bahía (Foz), Libraría Nobel (Burela), Libraría Porta da Vila (Viveiro), Casa das Letras (Ribadeo), Ecoespazo Vitriol (Sarria), Aira das Letras (Allariz), Punto e Coma (Ourense), Libraría Paz (Pontevedra), Libraría Andel (Vigo).
Agradecemos a difusión deste senlleiro proxecto feminista, e animamos a todo
público interesado a asistir ao acto de presentación deste venres en Viveiro.

Exit mobile version