Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a campaña de recollida de xoguetes Dalle a volta ao Nadal, que un ano máis organizou o Concello de Ribadeo para que ningún nen@ quede sen agasallos nestas festas.

Ribadeo, 18 de decembro de 2018. Rematou a campaña de recollida de xoguetes Dalle a volta ao Nadal, que un ano máis organizou o Concello de Ribadeo para que ningún nen@ quede sen agasallos nestas festas.
Aquelas familias que precisen xoguetes para os seus nenos e nenas o único que teñen que facer é achegarse desde este mesmo momento ao auditorio municipal, ao departamento de Servizos Sociais, para elixir os agasallos. Poden facelo esta semana en horario de mañá e de cara á chegada de Papá Noel. E despois ata o 4 de xaneiro pensando nos Reis Magos.
Desde a Concellaría de Servizos Sociosanitarios agradecen “a colaboración e a solidariedade para que ningunha nena e ningún neno queden sen xoguetes nestas datas tan especiais. A veciñanza responde moi ben todos os anos á nosa chamada e sempre contamos con moitos xoguetes”.

Exit mobile version