Site icon Crónica3.com A Mariña

Renovación da delegación local de Foz da AECC

Foz, 01 de Decembre de 2018. Este sábado iniciouse en Foz unha nova etapa da Asociación Española Contra o Cancro renovando unha parte importante da Delegación Local e ampliando a mesma con representantes dalgunhas parroquias.
Formamos un grupo de 16 persoas que baixo a presidencia do novo delegado local José Ramón Couto Dorado que se configura da seguinte maneira: vicepresidenta Pilar García Frá, secretaria Rebeca Neira Fernández, vicesecretaria Nieves Moreda Beltrán e @s vocais Ángeles Rey González, M.ª Sagrario López Eiras, Verónica Soto Piñeiroa, Mariola Díaz Pardiñas, M.ª Carmen Castro Fraga, Marisa Fernández Fernández, Purificación Neira Luaces, Dolores Legazpi Cancio, Amelia Fernández Basanta, Ramón Martínez Friol, Dolores Moreira Conde e Ana Rojo Eijo.
Nace este novo equipo con a ilusión de seguir mellorando, na medida das nosas posibilidades, no camiño iniciado por os nosos antecesores para acercar a os enfermos de cancro e familiares os servizos da AECC y dar o noso apoio solidario para poder manter servicios xa implantados como o apoio psicolóxico, que desde a sede da Delegación da AECC en Burela, de maneira totalmente gratuíta, se ofrece para toda A Mariña.
Non dubidamos que para manter estes servizos e aumentalos e necesario realizar eventos e outros actos de captación de recursos según o establecido por as normas da asociación e da Xunta Provincial de Lugo e isto require do esforzo de todos, por elo, este equipo inicia a súa andadura cheo de ilusión e considerándose avalado por a experiencia de varios dos seus membros que levan anos colaborando coa Asociación Española Contra el Cancro.

Exit mobile version