Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana do Nadal no IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao

Cervo 17-12-18. No IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao entramos na semana do Nadal con acvidades: visita xeolóxica á Praia das Catedrais, charla sobre produción e dirección cinematográfica a cargo de Alfonso Zarauza e Carlos M. Carbonell, obradoiro de cociña; presentación do libro de Pablo Mosquera “Islas San Cyprianus: orgullo y patrimonio” , este xoves ás 13.40 h ; chocolatada para toda a comunidade educava, concurso de postais de Nadal e gala de maxia a cargo do mago Rafa na Casa da Cultura de San Cibrao, venres ás 12.30.
Son algunhas das propostas para estes días que non queremos que eclipsen outras ben
interesantes e fermosas que se viñeron desenvolvendo ao longo deste trimestre que
agora remata: xornada de prevención de incendios, charla sobre os riscos dos menores
nas redes sociais, o magosto, o Día da Ciencia en Galego, conferencia cienfica: “A
Física de Parculas e o CERN. Como sabes de que está feito o mundo?”, visita guiada á Fraga Vella para coñecer os seus tesouros outonais, saída formava a Endesa As Pontes e a Ferroplast en Muras, sesións informavas sobre violencia de xénero a cargo de Verónica Eiravella e Ramón Peña Pérez ( formador da Garda Civil de Lugo ), mostra sobre o Paleolíco no salón de plenos do Concello de Cervo, conferencia cienfica a cargo do profesor: Alejandro Vilar López do departamento: Física de Parculas. “E Hawking dixo: fágase a luz “, visita a Reganosa en Mugardos, etc.
Agora que remata o ano facemos balance do realizado no que vai de curso e
aproveitamos para transmir dende a dirección do centro o noso agradecemento a
todas aquelas instucións, colecvos e persoas individuais que colaboraron na
formación do noso alumnado e aos que lles desexamos un bo nadal e feliz ano.
Recordar que se pode seguir a nosa actualidade a través do facebook do ies marqués
de sargadelos.

Exit mobile version