Site icon Crónica3.com A Mariña

“Unha alcaldesa que reacciona a golpe de denuncias públicas non é unha boa alcaldesa” din os veciños de San Lázaro

Viveiro. 5 de decembro de 2018. Veciñas e veciños dos edificios de San Lázaro valoran positivamente o anuncio do Concello de que contarán con bandas de alerta a vindeira semana após dúas denuncias públicas polo desleixo de Maria Loureiro, unha en outubro e outra este martes 4 de decembro.
“Valoramos positivamente o anuncio mais lamentamos que tivese que ser por denuncias públicas nos medios ante o desleixo desta Alcaldía”, explican.
“É un éxito das veciñas e veciños, polas súas denuncias públicas”, conclúen.
A veciñanza non renuncia ao resto de demandas:
– Beirarrúas nos dous lados é un paso peonil.

Exit mobile version