O rexedor contou que “a avaría xa foi reparada, pero a auga pode saír un pouco turbia nalgúns puntos de Burela. Si os nosos veciños e veciñas detectan esta situación que non se preocupen, a auga é potable e irase aclarando pouco a pouco, a medida que pasen as horas”. Llano sinalou que “queremos deste xeito advertir á poboación desta posible incidencia”.