Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha avaría na canalización do abastecemento de auga, producida entre a ETAP da Senra e Burela, podería ocasionar turbidez nas vindeiras horas, segundo ven de confirmar o alcalde, Alfredo Llano

O rexedor contou que “a avaría xa foi reparada, pero a auga pode saír un pouco turbia nalgúns puntos de Burela. Si os nosos veciños e veciñas detectan esta situación que non se preocupen, a auga é potable e irase aclarando pouco a pouco, a medida que pasen as horas”. Llano sinalou que “queremos deste xeito advertir á poboación desta posible incidencia”.

Exit mobile version