Neste último partido de 2018 para o líder de Segunda LNFS, a Bomboneira habilitará huchas solidarias dende as 19.30 horas, coa colaboración de voluntariado de Cruz Vermella, para que os afeccionad@s fagan os seus donativos. Coa devandita recadación, Cruz Vermella e Pescados Rubén Burela FS adiantaranse a Papá Noel e os Reis Magos para escoller xoguetes e facer posible que cada un dos máis de 30 nen@s do programa de axuda de Cruz Vermella de Burela reciban o regalo novo que pediron a Laponia ou ás Súas Maxestades de Oriente nas cartas.
A ILUSIÓN DE TER UN XOGUETE NOVO!