A Copa Deputación aséntase na súa IX edición como unha cita consolidada do atletismo galego, grazas a participación de deportistas de toda a provincia, así como doutras cidades de Galicia, como Ourense ou Ferrol, a Coruña, Vigo ou Vilagarcía.
Na segunda xornada celebrada esta fin de semana nas pistas do Gregorio Pérez Rivera, 5 atletas conseguiron as marcas mínimas para participar nos campionatos de España de diferentes categorías: Javier García, na proba de 60 ML, Adiaratou Iglesias, en 60 ML e en 200 ML, e Estela Fernandez, en 60 MV, participarán no Campionato de España Sub23 que se celebrará en Salamanca os próximo 8-9 febreiro; Lucas Fernández e Jacobo de la Iglesia, lograron a marca mínima para participar na proba de 60 ML, no Campionato de España Sub18 en Sabadell o 10 de marzo.
A próxima fin de semana celebrarase a derradeira das xornadas deste evento deportivo, unha nova oportunidade para que os atletas, de diversas categorías, consigan as súas marcas para participar nos campionatos nacionais e internacionais.