Para o sábado 2 de febreiro, organízase unha visita guiada ao Parque Eólico Experimental “Sotavento”, en Xermade (Lugo).
Alí coñeceremos de primeira mán os avances que en materia de enerxía renovable se están a acadar, tendo por obxectivo a protección do Medio Ambiente apostando pola eficiencia e o aforro enerxético. Un proxecto divulgativo orientado a todas as idades.
A visita será de balde para asociadas e asociados a Nordes e cun prezo de 5€ para que non o sexa.
Ademáis, é preciso anotarse antes do xoves 31 de xaneiro, no 653 75 64 54 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com.