Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Saúde A Mariña participou esta mañá na concentración en Viveiro para esixir atención sanitaria de calidade na Atención Primaria

Burela, 22 de xaneiro de 2019. A actual situación require dunha resposta global ao conxunto da Atención Primaria que pasa por un compromiso político do máximo nivel para dotar de recursos humanos aos nosos centros de saúde e PAC.
Para lograr este obxectivo, a CIG-Saúde propón:
– Recuperar as estruturas de xestión da Atención Primaria, con capacidade de xestionar orzamento e recursos humanos.

–Incrementar o orzamento dedicado á Atención Primaria de xeito que permita incrementar o número de profesionais con contratacións estábeis, cubrindo as necesidades reais con prazas estruturais e realizando unha Oferta Pública de Emprego do 100% das prazas realmente existentes, rematando cos efectos perversos da taxa de reposición.

-Modificar as estruturas hospitalarias para que permitan que os e as profesionais da Atención Primaria se relacionen de xeito directo cos da Atención Hospitalaria, nun espazo de coñecemento e colaboración mutua, sen barreiras e con recursos que permitan respostas áxiles que eviten as actuais demoras non asumíbeis.
-Dar resposta satisfactoria ás demandas dos e das profesionais dos PAC, para dar resposta á atención continuada, ás urxencias e ás emerxencias que se producen”.
-Incrementar a capacidade docente, para o que é preciso coidar o persoal que se dedica a formar ás novas xeracións de especialistas, así como incentivar e prestixiar este traballo.

Exit mobile version