– En Baleira, melloraranse 3 quilómetros da LU-P-0403, entre os puntos 0,9 e 4, con 140.000 euros. Trátanse de obras que se engaden ás xa executadas nesta vía entre os puntos 4,5 e 5,8, e que contaron cunha inversión da Deputación superior aos 75.000 euros. Son actuacións que benefician de xeito directo a uns 400 veciños da zona, así como a ducia de cidadáns que empregan a vía para ir ao polígono do Cádavo, ou para desprazarse dende Baleira á Fonsagrada e Castroverde. Con estes traballos, esta vía quedará totalmente renovada.
– En Riotorto, acondicionaranse 2 quilómetros da LU-P-2801 que comunica Riotorto con Lourenzá por Augaxosa, con 140.000 euros. Trátase do derradeiro treito desta estrada, que vai do punto 8,2 e 10,2, que quedaba por mellorar desta vía. A través destas actuacións, mellorarase o día a día de máis de 3.500 veciños da Mariña, dos Concellos de Riotorto e de Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous núcleos mariñáns.
– En Antas de Ulla: rehabilitaranse 1,5 quilómetros da LU-P-0302, entre os puntos 0,2 e 4,8, con 250.000 euros. Hai comprometidos traballos de 43.000 euros nesta mesma vía, entre os punto 4,8 ao 6,3, que comezarán cando a situación climatolóxica o permita. É a vía que vai de Antas de Ulla de Santa Mariña ao Límite Provincia de Pontevedra.
– En Guitiriz: rehabilitaranse 3,1 da LU-P-2301, entre os puntos 1,9 e 5,1, con 237.000 euros. É a vía que une o núcleo urbano de Guitiriz co Barrio do Merendero. Trátanse de obras que se engaden ás xa executadas entre os puntos 5 e 7,4 e que contaron cunha inversión da Deputación superior aos 165.000 euros. Son actuacións que se realizan nunha das estradas máis importante do municipio, que posúe moito transito pois une os núcleos dos Vilares, Buriz e Labrada, nos que hai unha grande actividade agrogandeira. Con estas actuacións, esta vía quedará totalmente renovada.
– En Friol: acondicionarase un treito de 2,2 quilómetros da LU-P-1611, entre os puntos 47,7 e 49,9, con 200.000 euros. Trátase do chamado cinturón comarcal, no que xa se executaron melloras no entre os puntos 46,8 e 47,7. É a vía que rodea á capital lucense, que vai dende o núcleo de Friol cara o polígono industrial de Begonte, á parroquia de Ousá. Complementa a estrada da Xunta que ven de Palas e que se emprega polos veciños de Palas e Friol cara a A-6.