Site icon Crónica3.com A Mariña

A internacional brasileira Popó incorpórase ao traballo do Pescados Rubén

A proxección da internacional brasileira Pholyana Caroline Soares Silva, coñecida deportivamente como Popó, recalou na Mariña. A novísima pivote (Lajes-RN, 1997) incorporarase esta semana á dinámica de traballo do Pescados Rubén Burela FS co fin de valorar as súas capacidades e adaptación ao conxunto de Julio Delgado e Lucas, para formar parte da estrutura do líder de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo como reforzo nesta segunda volta ligueira.

Exit mobile version