Site icon Crónica3.com A Mariña

“A LEI DO EMBUDO DO PSOE DE BURELA” por Heriberto López Caneiro

Di o refraneiro popular que “é mais doado ver a palla no ollo alleo que a viga no noso” ou que “ Non é o mesmo predicar que dar trigo”. Esto pode explicar á perfeción o que lle ocorre ó Goberno do Psoe en Burela cos traballadores do Concello. Adoitamos ver ó sr Alcalde tralas pancartas encabezando as protestas a favor da Sanidade e contra o desmantelamento do Hospital da Costa tema que, de seguro, coñece de primeira man, tamén o soíamos ver en primeira fila nas protestas en defensa da Educación, daquela que o sr Llano exercía de mestre, vímolo a favor da equiparación salarial das FCS do Estado seguindo a liña marcada polo seu partido. Do mesmo xeito vimos encabezando esas protestas ó sr Tenente Alcalde e Concelleiro Ramiro Fernández, como tamén o fixo semanas atrás poñéndose diante da manifestación en defensa dos postos de traballo de ALCOA, problemática que lle toca de cerca dado que é a empresa para a que traballa. O sr Díaz non falta ás manifestacións en defensa da Sanidade, unha sanidade dependente da Xunta, Administración que acordou subirlle ós seus traballadores o salario un 6% este ano ó marxe da subida do Goberno e que se suman ós 14.000 euros que cobra pola súa dedicación no Concello. A señora Noelía Ben tamén adoita manifestarse en prol dos dereitos dos traballadores, mais despois apoia unos presupostos cun recorte en 4 anos dunhos 400.000 euros e, en lugar de remunicipalizar o servicio de limpeza o externaliza e dalles a maiores 109.000 euros.
Sobra dicir que todos os traballadores do Concello de Burela nos sumamos a esas protestas e que defendimos e defenderemos os dereitos de tódolos traballadores desas Administracións.
O que chama a atención é que todos os membros do Grupo Municipal do Psoe de Burela saian defender os dereitos de todos os traballadores de outras Administracións e, por outro lado, señan incapaces de negociar e chegar a un acordo cos propios traballadores da sua Administración. O que chama a atención é que se soliciten equiparacións salariais de outros funcionarios e se teña ós seus cobrando pouco mais que o que determina o novo salario mínimo interprofesional, nalgúns casos nin eso. Chama a atención que se proteste pola desmantelación dun servicio tan necesario como é o da Sanidade e, por outra banda, se esteña a desmantelar a “casa de todos”, o Concello, non cubrindo ningunha das xubilacións que se foron efectuando nestes anos en todos os distintos departamentos (Obras, Xardinería, Policías, Administrativos, etc..), facendo que, a pesar dos esforzos dos traballadores, cada vez seña mais difícil cubrir a carga de traballo de maneira efectiva para os cidadáns.
Dende o sector dos traballadores do Concello pedímoslle ó Grupo de Goberno que deixe de marcar plazos de negociación “para mais adiante”, tratando así de que a data de celebración das eleccións esteña mais cerca e despois poida xustificar a non adopción de acordos á falta de tempo, que deixen de xustificar o tema económico, xa que ignoraron os recursos do persoal ó seus presupostos, e sobre todo que deixen de buscar excusas. Que deixen de ver a palla no ollo alleo e que non vexan a viga no seu.
Como di o refrán “ Non é o mesmo predicar que dar trigo”…

Exit mobile version