Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña, aillada unha vez mais nos orzamentos do estado, di o BNG

A Mariña 15 de xaneiro 2019. Desde o BNG manifestaron a súa decepción e enfado diante das contas estatais presentadas polo goberno central, porque unha vez mais os orzamentos estatais marxinan á comarca de A Mariña, a comarca mais puxante e mais dinámica da provincia e do norte galego, que leva anos sufrindo o abandono dos sucesivos gobernos do Estado.
Este abandono deixouna incomunicada en materia de infraestruturas, con vinte anos de retraso respecto a outras zonas do estado e de Galiza incluso, pois hai dúas décadas que deixaron desvertebrada á Mariña ao desviar a Transcantábrica do seu trazado inicial, marxinando a toda a parte occidental
.
A Mariña non pode agardar unha década mais en materia de infraestruturas

Para o BNG, a A-74, que arrancará agora coa exposición do proxecto do tramo Foz-Barreiros debe de ser axilizada, consignando partidas suficientes tamén para os tramos Foz-Burela, e Burela-San Cibrao, para que empecen cantos antes, e simultáneamente ao tramo agora en exposición, e non partidas testimoniais, pois así correse o risco de estar outra década mais sen vela executada, outro tanto como ocorre co Corredor San Cibrao-Ferrol, que é competencia da Xunta.

Volven a tomarnos o pelo co Fiouco e a N-642

“Resulta unha tomadura de pelo que volvan a consignar partida para o arranxo da N-642, para rehabilitación do firmen (2.280.620€) cando xa estivo en orzamentos anteriores e non foi executada, arranxando únicamente algún tramo cando o paso da Vuelta Ciclista. E o que é mais insultante para as veciños e veciñas da Mariña é que nos sigan enganando e intentando despistarnos con outra nova inversión-despilfarro para O Fiouco” afirmou a responsable comarcal Ana Ermida, que tamén fixo fincapé na inexistencia de partidas para a rehabilitación integral do firme da N-634, na que só se realizan bacheos e parches.

Estes orzamentos certifican o desmantelamento de Feve

Tamén se pronunciou Ana Ermida a respecto de Feve, manifestando que estes orzamentos dun goberno supostamente progresista, e apoiado tamén por partidos que se din progresistas, son a certificación do desmantelamento desta importante infraestrutura ferroviaria para A Mariña e o norte galego.

A Mariña, sen apoios no Estado

Para as nacionalistas, os supostos valedores da Mariña, tanto os de aquí, coma os de fóra que din representarnos, esquéncense de nós ao pasar a Gañidoira ou o Fiouco, e comprometen o seu voto sen importarlles a comarca.
E esto fano uns e outros tanto que estean no goberno coma no oposición. Entenden as nacionalistas tamén que a actuación principal da Subdelegación do Goberno na provincia tén que ir mais aló de supervisar o bacheo das deterioiradas estradas, máxime cando quen está ao fronte desa institución é tamén representante mariñá.

Exit mobile version