Site icon Crónica3.com A Mariña

“A MELLORA DA LIMPEZA NAS RÚAS, OUTRO DOS EVIDENTES INCUMPRIMENTOS DO ALCALDE DE RIBADEO E O SEU EQUIPO DE GOBERNO”, por Daniel Vega

Con este artigo rematamos a nosa análise dos incumprimentos do programa do BNG de Ribadeo que aínda que ían nos papeis aló polo ano 2011 están sen facer no 2019.
Poñían aqueles papeis que se ía producir biogás a partir de purín e tamén enerxía a partir de biocombustibles. Non vimos nada destes proxectos.
A que lle chaman “banda ampla” da internet nas parroquias? Que velocidade se considera ampla? Cremos que podiamos chamarlle banda estreita.
Levamos varios anos buscando as liñas de subvencións para corrixir o impacto paisaxístico, fóra das que ofrece a Xunta de Galicia.
Alguén viu o I Plan de Mobilidade de Ribadeo? Ou redúcese a un sinal de “Pobo amigo das bicis”?
E para rematar atopamos un “Melloraremos os niveis de limpeza de rúas”. Non é necesario comentar moito disto, só hai que mirar a foto e ver como están as rúas a diario. A veciñanza está farta do mal funcionamento do servizo de recollida de residuos e de limpeza viaria, que vai de mal en peor polo que Ribadeo cada vez está máis sucio.
Daniel Vega (candidato do PP a Alcaldía de Ribadeo)

Exit mobile version