Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria acude á reunión de nais e pais en Lourenzá en demanda dun servizo de pediatría estable e apoia os acordos tomados

A Mariña , 19 de xaneiro de 2019. A Plataforma Sanitaria acudiu onte á reunión aberta convocada polas nais e pais de Lourenzá e apoiada desde o Concello, para manifestar o seu total apoio a estas iniciativas veciñais,a amosa o seu acordo con todas as medidas tomadas na devandita reunión.
No seu turno de palabra a coordinadora do colectivo sanitario explicou que o problema de pediatría é moi grave ao deixar sen atención a nenas e nenos pola ausencia xustificada da titular non substituída por parte do Sergas. Tamén incidiu en que este non é un problema privativo de Mondoñedo , Lourenzá e Barreiros, que comparten facultativa, senón que pode pasar en calquera localidade donde exista pediatra de familia, no momento en que esta solicite un permiso , vacacións ou curse baixa médica, todos eles dereitos fundamentais d@s tarballador@s.
É por isto que manifestou a vontade de presentar en todos os Concellos da comarca unha moción en defensa do servizo de pediatría para ser debatida nos plenos municipais e que “agardamos que se resolvan co acordo unánime de instar á Xunta de Galicia a que substitua todas e cada unha das ausencias d@s profesionais, que garanta en todo momento unha atención pediátrica adecuada, pertinente e digna, e mesmo que implemente as horas adicadas á atención pediátrica nos centros que precisen , contratando o personal necesario”- conclúe a Montse Porteiro, coordinadora do colectivo sanitario

Exit mobile version