Site icon Crónica3.com A Mariña

A Secretaría Xeral para o Deporte apoia a preparación dos deportistas de alto nivel da provincia a través do programa ‘Axudas DGAN’

Lugo, 17 de xaneiro de 2019.- A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, apoia aos deportistas de alto nivel da provincia de Lugo dentro do programa ‘Axudas DGAN’, que se enmarca no plan de axudas á preparación de deportistas galegos e galegas de alto nivel.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, apuntou que na provincia foron beneficiarias destas achegas no ano 2018 catorce persoas recoñecidas como deportistas de alto nivel en diversas modalidades: atletismo, loita e D.A., taekwondo, piragüismo, tiro olímpico, tríatlon e péntatlon moderno, boxeo e automobilismo. O importe conxunto das axudas é de 24.325 euros.

Esta última convocatoria contou nesta ocasión con seis tipos de axudas -Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6-, que foron asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2017.

A maioría destas achegas acádanse por ser campións e campioas de España en categoría absoluta en proba olímpica, participar en Campionatos do Mundo de probas olímpicas ou acadar podio en campionatos do mundo en categoría absoluta de especialidades non olímpicas. Isto reflicte un claro aumento da excelencia deportiva galega, xa que subiu o nivel de resultados comparado con anos anteriores.

O delegado territorial gabou o traballo destes deportistas, “que cada día traballan a reo para dar o mellor de si mesmos nas competicións nas que participan”. Tamén lembrou que cando compiten ao máis alto nivel, “son o espello no que se miran os deportistas máis novos, ademais de exercer como embaixadores da provincia de Lugo, porque pasean o nome da nosa terra por todo o territorio nacional e por outros países”.

RELACIÓN DE DEPORTISTAS BOLSEIROS

Adrían Ben Montenegro
Atletismo
Miguel Ángel Colmenares Díaz
Tiro Olímpico
José Cuba Vázquez
Loita e D.a.
Beatriz Felpeto Rodríguez
Taekwondo
Tanía Fernández García
Piragüismo
Saleta Fernández López
Atletismo
Martín Freije Torneiro
Tiro olímpico
Aroa Freije Torneiro
Tríatlon e péntatlon moderno
Nicolas López Gredilla
Loita e D.A.
Miguel Martínez Quiroga
Piragüismo
Martiño Río González
Boxeo
Cristobal Rodríguez Fidalgo
Tríatlon e péntatlon moderno
Cristian Isaac Toro Carballo
Piragüismo
Diego Vallejo Folgueira
Automobilismo

Exit mobile version