Site icon Crónica3.com A Mariña

Balance do servizo de transporte de estudantes e información sobre os servizos prestados dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Viveiro

Viveiro 18-1-19. Neste curso escolar 2018/2019 o concello de Viveiro continúa co seu compromiso de financiar o transporte aos estudantes que se desprazan fóra de Viveiro por motivos académicos.

Dende o inicio deste curso escolar son 74 os estudantes inscritos; destes, 25 desprázanse a Santiago; 15, á Coruña; 2, a Lugo; ; 16, a Burela; 10 a Xove; 5 a San Cibrao e 1 a Mondoñedo.

O Concello asumiu un importante compromiso económico financiando a metade do importe de cada viaxe e, deste xeito, o prezo final a aboar por parte dos usuarios viuse reducido de forma considerable. Dende o inicio do curso escolar, en setembro de 2018, e ata o día de hoxe, este servizo tivo un custo de 5753,47 €.

Na mesma liña, cómpre facer referencia ao servizo de transporte escolar gratuíto, para desprazarse a Xove, San Cibrao e Burela, que empregan os estudantes de Viveiro que cursan estudos de Formación Profesional ou Bacharelato nalgún centro deses municipios. Neste curso son 31 os estudantes que o empregaron a diario para desprazarse ás localidades onde cursan os seus estudos. Dende setembro de 2018, e ata o día de hoxe, este servizo tivo un custo de 5016€.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, que se encarga da xestión deste servizo, atendeu durante o ano 2018 as consultas de 494 mozos e mozas relativas a estudos e formación, bolsas, programas de intercambio,idiomas, campamentos….

Exit mobile version