Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabalgata de Reis con carrozas novas en Xove

Xove 4-1-18. Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a Cabalgata de Reis este sábado.
Os Reis decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Antes do gran desfile, pasarán sobre ás 18:00 horas a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión.
Ás 19:00 horas comezará o gran desfile onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por onde seguirán ata cruzar por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico.
O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.
Por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove faise un chamamento a todos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, seguindo desfile dende as beirarúas, sen invadir a calzada
Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis estarán no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles. A actividade no Pavillón rematará cunha Gran Festa Infantil a cargo da discoteca móbil Decibelios.

Exit mobile version