Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Foz encargará un estudo da viabilidade de contar con servizo publico de transpporte municipal

Foz 28-1-19. “A propia configuración do noso Concello, con moitos núcleos e moita dispersión, obriga a unha medida concreta neste eido, tendo en conta o avellentamento da poboación” dixo Damián Sánchez, candidato de CxG a alcaldía de Foz.

Compromiso por Galicia, dende o concello despois do 26 de maio, impulsará esta medida que vemos factible e necesaria, para unha mellor cohesión social de Foz. Moita xente maior vive na nosa zona rural e cómpre darlle unha solución de conexión co núcleo da capital do Concello, para ter uns mellores servizos. A asistencia ó médico, a compra ou trámites no Concello teñen que facilitarse.

“Existen varias opcións, ben un servizo directo do Concello, ou contemplar un sistema con taxi e con empresas de transporte de Foz, que sirva tamén para dinamizar a economía do noso Concello, para esto creárase unha partida nos orzamentos” manifestou o alcaldable Damián Sánchez.

Compre ter en conta que en Foz teñen moita importancia os veciños do rural, un rural que mantén poboación e que atrae novos veciños, non soamente de semipeatonalizar vive un Concello.

Exit mobile version