Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios do XXIV campionato de tute Concello de Cervo

Cervo 19-1-19. O XXIV campionato de tute Concello de Cervo desevolveuse nos últimos meses.
O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados por varios membros do equipo de goberno, foron os encargados de entregar os trofeos de cerámica de Sargadelos a todas as parellas compoñentes dos equipos que quedaron nos tres primeiros postos:
– A Cerve: 91 puntos
– O Camarote: 89 puntos
– Telvi’s Place: 81 puntos
Ademais participaron O Almacén, O Castelo, o Río de Oro e o O Trasgo .
Tamén houbo un trofeo para a mellor parella composta por Miguel e Telvi.
O Concello de Cervo entregou un diploma e 4 tapetes a cada equipo, ademais dun xogo de cartas a cada participante personalizado co escudo municipal.
Villares e Soto agradeceron a cada un dos integrantes dos equipos a súa participación neste torneo tan consolidado e recoñecido en toda a Comarca, e tiveron unhas palabras especiais para Félix Fernández “que está ao fronte do campionato desde os seus inicios e é un dos grandes responsables do seu éxito”.

Exit mobile version