Site icon Crónica3.com A Mariña

Este pasado domingo tivo lugar no Teatro de Ribadeo a primeira sesión de arrolos impartida por Ugia Pedreira, que o Proxecto Apego programa neste semestre

Un total de 14 familias de diferentes concellos da contorna mariñá reuníronse cos seus bebés de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos para saber máis do carácter non só musical senón terapéutico das nanas e mesmo, como remate da actividade que durou aproximadamente 2 horas, cada familia compuxo unha canción de durmir inspirada nos valores que nais e pais queren transmitir aos seus fillos e fillas. A segunda sesión, que impartirá a cantante mariñá, vai ter lugar no mes de maio para o mesmo abano de idades. O enderezo onde hai que anotarse é cultura@ribadeo.org

Exit mobile version