Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” insta ó equipo de goberno a mellorar o alumeado público na estrada xeral de Forxán

Foz 19-1-19. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos últimos meses construíuse unha senda peonil na estrada Xeral de Forxán para mellorar o aceso peonil dos veciños/as deste barrio e usuarios desta vía, mellorando considerablemente as condicións desta zoa e mellorando a entrada ó noso pobo dende a rotonda de Fazouro.
Sen embargo podemos comprobar como a iluminación desta zoa resulta insuficiente o estar colocadas as farolas públicas no tendido eléctrico no límete de expropiación, o que fai, que queden lonxe tanto do paseo como da estrada, e ocasione que non haxa a visibilidade que todos desexásemos.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz proceda a buscar a mellor solución para mellorar a iluminación da Estrada Xeral de Forxán.

Exit mobile version