Desde a organización apuntan que “o cancro é unha enfermidade á que todos estamos expostos, e todos temos un motivo para colaborar, simplemente por solidariedade, por ter algún familiar que sufra ou sufrira esta enfermidade ou por tela sufrido nas nosas propias carnes.
Para colaborar con “Alfoz Solidario” poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á “Mesa Cero” para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Nesta mesa existir a posibilidade de poñer nunha pantalla ós nomes das persoas colaboradoras. Ademais, tamén poderán colaborar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización. Tamén existen tickets á venta na Farmacia da Seara e en Caixa Rural de Alfoz.
Os beneficios obtidos na recadación da cea serán entregados á Asociación Española Contra o Cancro. Este ano contarase coa novidade de que parte dos produtos utilizados para a elaboración do menú foron doados por diferentes provedores polo que se espera unha maior recadación.
Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.