Site icon Crónica3.com A Mariña

O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental e para conmemorar esa xornada as monitoras de Gaia do Concello de Burela realizan ao longo desta semana talleres de manualidades con materiais de reciclaxe cos alumnos de Educación Infantil do CEIP Virxe do Carme

As monitoras explican que “nesta ocasión utilizamos rollos de papel hixiénico, baleiros e convertémolos en flores, árbores ou ranas. Desta maneira os rapaces aprenden que ás veces algo que nun principio vai para o lixo pode converterse nun xoguete ou un adorno e á vez o proceso de transformación pode ser divertido e creativo”.

Exit mobile version