Alfonso Fuente explicou que “pola mañá, aquí en Madrid en Fitur, tivemos unha reunión, como estaba previsto, ás dez da mañá coa axencia Pilgrim, que se dedica a mover grupos de peregrinos polos distintos camiños, tamén polo Camiño Norte, para trasladarlle a reforma que estamos a facer no noso albergue e para que na súa páxina implementen información do noso concello”.
O alcalde dixo que “queremos darnos a coñecer traballando xa no inicio da relación público-privada que debe existir sempre, para poder colaborar con eles e que eles colaboren tamén con nós, co Concello, e traernos eses grupos de peregrinos. Trasladámoslle que se debería facer, porque moitos peregrinos así o demandan, a etapa Ribadeo-Barreiros e Barreiros-Mondoñedo, en lugar doutras que se realizan na actualidade. Esta era a primeira reunión que tíñamos cos responsables de Pilgrim”.
Fuente Parga engadiu que “tivemos outra reunión na que vimos ese proxecto que imos presentar á Axencia Galega de Turismo para sinalización dos recursos turísticos do noso concello, vendo as posibilidades e como se podería facer para ter toda esa información a man”.