Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña atópase en Madrid asistindo a Fitur, onde este xoves fará promoción da riqueza turística desta comarca.

Será nun acto, que terá lugar ás seis da tarde, e no que se presentará o novo vídeo promocional da Mariña. Llano acudiu pola mañá ao acto realizado pola Deputación de Lugo e no que se deu a coñecer Provincia de Lugo: Moito por celebrar, unha nova acción de promoción da provincia que se inclúe na campaña Lugo Cambia. O rexedor burelés coincidiu en Fitur con ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, ao que convidiu a asistir á Feira Náutico Pesqueira Expomar que se desenvolverá no mes de maio.

Exit mobile version