Os centros da provincia galardoados fórono na primeira e segunda modalidade do certame. A primeira vai dirixida a proxectos de carácter interdisciplinario ou Proxectos Documentais Integrados nos que participe un mínimo do 40% dos grupos existentes no centro (e un 40% dos departamentos no caso dos centros de Secundaria). Nesta modalidade, na provincia foi galardoados o CEIP de Cervo, polo traballo Cervo alén de Europa.
Na segunda modalidade, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, resultou premiado o IES Xoán Montes (Lugo), por De primeira(-s).
Esta convocatoria enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016/20, que ten entre os seus obxectivos propiciar a aprendizaxe por proxectos e outras metodoloxías activas, empregando os recursos e servizos da biblioteca. Deste xeito favorécese o traballo en equipo, intercentros, así como o desenvolvemento das competencias clave e, en concreto, a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI).