A bandeira mide 54 metros cadrados (9×6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto de mañá, 19 de xaneiro, participarán o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.