Campos Conde remarcou que “as obras permítenlles a preto de 300 veciños achegarse a todos os servizos da Mariña, pois vertebra o interior do concello uníndoo coa Nacional 634, permitíndolles ir ao Hospital da Costa, ao centro médico e ás farmacias, pero tamén opcións de ocio como os cines e tamén a Lourenzá e outras poboacións”.
Os traballos executados, consistentes na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical; realizáronse nos 5 primeiros quilómetros da vía entre Vilamar e o Cruce da Insua.