Foi Renato o encargado de adiantar os laranxas xa no minuto 4, ampliada a vantaxe por R. Vargas, no 17, nunha recuperación, e de novo coa Xoia Laranxa, nos últimos compases dunha primeira parte na que Juanma Marrube puxo en práctica o xogo de cinco a partir do minuto 7 alternando o propio Renato e Matamoros.
Os de Javier Pardeiro conseguiron reducir distancias no reinicio do derbi, no minuto 26, nas zapatillas de Pancho, de estratexia. Pouco despois, o 12 burelista enfundar a camisola de porteiro xogador. E pouco tardou en atopar o cuarto, de novo do andaluz R. Vargas, a pase de Pope. Superado o ecuador do segundo acto, os de Xove volveron atopar portería, de estratexia, tras un saque de banda finalizado por Manu. Non entanto, o Pescados Rubén non quixo ceder terreo e recuperou a vantaxe co 2-5, no 36, con Juanfran. Con tres minutos por diante, os locais apostaron polo xogo de cinco, con acumulación de faltas en ambas as filas. A falta de 35 segundos, R. Vargas asinou o seu hat-trick da cita, en contraataque.
Ficha técnica
SD Xove FS: Pulido, Nete, Mini, Cora, Bruno de Nois, cinco inicial; tamén xogaron Juanpe, Manu, Marcos, Pancho, Souka, Keko, Samu
Pescados Rubén Burela FS: Imanol, Porto, Juanfran, Renato, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Luisma, Pope, R. Vargas, Matamoros, Joselito,
Goles: 0-1, minuto 4, Renato; 0-2, minuto 17, R. Vargas; 0-3, minuto 20, Renato; 1-3, minuto 26, Pancho; 1-4, minuto 29, R. Vargas; 2-5, minuto 32, Manu; 2-5, minuto 36, Juanfran; 2-6, minuto 40, R. Vargas
Árbitros: Coello Martínez // Rivas Fouz. Por Xove amarela a Cora (minuto 22), Mini (minuto 22), Bruno de Nois. Por Burela amarela a Matamoros (minuto 28), Pope (minuto 32), R. Vargas (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente a cuartos de XXVIII Copa Galicia disputado no pavillón municipal de Xove ante preto de 300 espectadores/as.