Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE presenta un orzamentos do Estado “realistas, honestos e sociais”, con 17 millóns máis para os pensionistas da provincia de Lugo

Lugo, 15 de xaneiro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Presidente do Partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, valoraron este martes a proposta de Orzamentos Xerais do Estado que presentaron os seus compañeiros socialistas no Goberno Central. Santos e Méndez destacaron que “son uns presupostos realistas, honestos e sociais, que se centran nas persoas que máis o necesitan”.
Neste senso, os explicaron que os 117.000 pensionistas que hai na provincia e que representan o 35% da poboación total de Lugo, recibirán uns 17 millóns de euros máis ao ano. Isto débese á suba das pensións nun 1,6%, que supón un incremento medio duns 180 euros anuais por persoa; ou nun 3% no caso das mínimas, que implica un aumento medio duns 95 euros ao ano.
O aumento dos fondos para dependencia nun 59,3%, beneficiará directamente aos 14.500 veciños que segundo os últimos datos do IGE son dependentes. Ao respecto, o Secretario Xeral engadiu que “o 12% dos fogares lucenses ten algún dependentes. Lugo supera a media de Galicia en dous puntos”.
8.300 lucenses maiores de 52 anos que se atopan sen traballo e que representan máis da metade dos veciños da provincia en paro, recuperan o dereito por subsidio de desemprego.
14.000 lucenses co salario mínimo interprofesional, que sube nun 22%, recibirán preto de 3.000 euros anuais máis.
Unhas 16.000 familias da provincia teñen dereito á devolución das retencións do IRPF realizadas entres os exercicios de 2014 e 2017.
Case a totalidade de pequenas empresas da provincia se beneficiarán da redución nun 2% do imposto sobre sociedades.

Exit mobile version