José García agradeceu o traballo e implicación “do noso compañeiro socialista, o Presidente da Deputación, por ter atendido as demandas dos veciños de Riotorto que lle temos traslado en varios encontros e, deste xeito, facer posible a mellora integral desta estrada provincial, fundamental para as 1.000 persoas que viven na zona, así como para os 3.500 mariñás dos Concellos de Riotorto e Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous municipios”.
Os traballos do Goberno do PSOE na Deputación na LU-P-2801 consistirán na remodelación integral do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas, repintado e instalación de sinalización horizontal e vertical. Con estas obras o Executivo Provincial mellorará a comunicación ao tempo que se incrementará a seguridade dos usuarios que utilizan a diario esta vía.