A petición do tenente de alcalde, e coa conformidade da totalidade d@s membr@s da Corporación, a moción foi defendida pola coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro , quen desexa agradecer no nome do colectivo, a tod@s e cada un dos grupos políticos da Corporación Municipal do Valadouro “a deferencia que tiveron con nós ao permitirnos defender a moción”.
Ao finalizar o pleno municipal o grupo de goberno quixo mercar unhas camisetas solidarias da Plataforma e mesmo accederon a fotografiarse con elas postas. Cada día que pasa ” estas camisetas que fixemos pensando nas mobilizacións , para que toda a Mariña as luza unánime e masivamente reflectindo así o sentir dunha comarca,teñen máis aceptación”- comentan desde o colectivo sanitario.