Site icon Crónica3.com A Mariña

Os centros sociais das Fillas do Divino Celo atenderon a 53 menores e 5 familias ao longo do ano 2018

Burela 19-1-19. Ao longo do ano 2018 os Centros Sociais que promoven as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas en Burela atenderon a un total de 47 nenos, nenas e adolescentes derivados polo Servizo de Menores da Xunta de Galicia e a 5 familias con 6 nenos pequenos ao seu cargo, un destes que naceu no propio Centro.

CENTRO DE MENORES DE DÍA DE MENORES SAN ANIBAL: 30 nenos, nenas e adolescentes.

CENTRO CASA DE FAMILIA SAN ANIBAL: 17 nenos, nenas e adolescentes.

CENTRO DE ACOLLIDA MARIA NAZARENA: 5 familias compostas por 6 mulleres e 6 fillos ao seu cargo.

Estes recursos están financiados pola Consellería de Política Social que no ano 2018 ampliou dende xullo 2 prazas máis no Centro de Día, contando actualmente con 20 prazas, na Casa de Familia, que acolle a menores en tutela conta con 8 prazas e o Centro de Acollida María Nazarena é o único Centro de Inclusión Social de Galicia que acolle familias con menores ao seu cargo en unidades familiares independentes, podendo acoller a dúas familias simultáneamente.

CENTRO DE DIA DE MENORES SAN ANIBAL DE BURELA

Atendió a 30 nenos, nenas e adolescentes de Burela, Foz, Cervo e Xove.

CASA DE FAMILIA SAN ANIBAL DE BURELA

Atendió a 17 nenos, nenas e adolescentes dos concellos de Burela, Foz, Xove, Rábade, Lugo e A Coruña.

CENTRO DE ACOLLIDA E INCLUSIÓN SOCIAL MARIA NAZARENA

Atendeu a 5 familias, 3 por violencia de xénero, 1 derivada de Lugo do Casa de Acollida de urxencias de Violencia de Xénero e as outras dúas de Burela e Barreiros. As outras 2 familias foron derivadas de Ribadeo, entre outros, por problemas de desafiuzamento.

Lamentablemente a outras 4 familias de A Mariña que solicitaron praza non se lles puido prestar atención por estar o recurso totalmente ocupado. Tamén son moitas as peticións de fora da Mariña pero dáselle sempre prioridade ás desta Comarca.

Exit mobile version