Site icon Crónica3.com A Mariña

Os dous estudantes de París que fan prácticas en empresas hostaleiras da Mariña por iniciativa do IES de Foz recibiron a visita da xefa territorial de educación nos establecementos onde traballan

A Mariña, 18 de xaneiro de 2019. Os dous estudantes do centro Lycée Guillaume Tirel, de París, que fan prácticas en empresas hostaleiras da Mariña por iniciativa do IES de Foz recibiron hoxe, venres, a visita da xefa territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde, nos establecementos onde están traballando: o Parador de Turismo de Ribadeo, no que está Jean Rony Toussant; e o hotel restaurante O Cabazo, tamén da vila ribadense, no que se atopa Henrique Costa e Silva.
A xefa territorial de Educación estivo acompañada polos inspectores Javier Suárez e Federico Pérez e polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio. Foron recibidos polo director e polo xefe de sala do Parador de Ribadeo, Antonio Graña e Alejandro Lara respectivamente, e polos propietarios do hotel O Cabazo, Carmen García e Juan López, e nos dous establecementos viron como desenvolven o seu traballo os estudantes franceses, que se amosaron moi contentos de como transcorreron os primeiros días desta experiencia. Tamén fixeron unha valoración moi positiva os responsables do hotel O Cabazo e do Parador ribadense.

Exit mobile version