Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan as actividades de Nadal no concello de O Valadouro

O concello remata as activiades de Nadal coa tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Ferreira. As súas Maxestades desfilarán pola vila na tarde-noite do día 5; a delegación de cultura deste concello invita a participar a todas as nenas e nenos neste acto, así como, na posterior Recepción que terá lugar no Belén Vivente ubicado no Salón de Actos da Casa da Cultura. Nestes actos participarán os nenos e as nenas que estes días asistiron ao programa infantil Ludinadal e o alumnado máis novo da Asociación cultural Amado Lar, que colabora nos mesmos.

Exit mobile version