Site icon Crónica3.com A Mariña

“UH, VAIA LÍO OS AMIGOS DE MIS AMIGAS SON OS MEUS AMIGOS”, por Xoán Carlos Piñeiro

Esta é aquela canción tan pegadiza de Xuxa, que describe á perfección o que está acontecer nas configuracións das coalicións electorais para as eleccións europeas no marco de En Marea e compoñentes.

Seguindo na similitude da canción, Villares quere bailar coa amiga Oltra que tamén é amiga de Podemos. Pero en Anova queren bailar con Otegui amigo de Pontón, e Pontón non quere bailar con Beiras, o mesmo tempo Martiño quere bailar con Ada Colau, e tristemente Errejón non quere bailar co amigo Pablo pero si con Carmena e Villares, que se cree bo mozo quere bailar con Más Madrid. Ó final está claro, Uh Vaia lío, como dicía a canción.

Pode ser ata divertido, en Galicia gustamos de bailar nas verbenas pero o problema está en que estes todos queren bailar pero pouco pensan en Galicia que está na casa. Que beneficio terá Galicia en esta foliada de baile libre? Ningún, outra vez a Marea e o seu entorno traballando en prol do seu e non en prol do beneficio dos galegos e galegas, aínda que case é mellor que colocar a unha activista antivacinas en Bruxelas.

O drama non remata no baile, logo de despexar as parellas podemos asistir a que na campaña electoral un candidato ás municipais do denominado espazo rupturista, teña que pedir o voto para papeletas diferentes, ou máis grave para papeletas contrapostas, ou membros da mesma lista dun Concello traballando activamente para candidaturas distintas en Europa, uh vaia lío.

Mais a realidade é que non lles importa Europa, so no exótico de ir a ver a camaradas de fora de Galicia, porque alguén imaxina que sexan capaces dende En Marea de falar de Europa ou dos problemas da xente que afectan dende Estrasburgo cando levan 4 anos falando de si mesmos e denunciándose entre eles, sen falar de Galicia?

Contra esta ensalada de probas e egos, outras forzas están traballando na reedición de GALEUSCA como medio de reforzar a Europa dos Pobos, fronte a unha onda expansiva de recentralización de homoxeneización do discurso de dereita e extrema dereita de Europa ó que o estado español non é alleo. CxG, PNV e PDeCAt poden reeditar unha fórmula de traballo, unha coalición que pense en Galicia e sitúe en Bruxelas problemas con nome e apelidos, como fixo estes últimos 5 anos co traballo de Izaskum Bilbao. Unha forza con presenza nos partidos europeístas e que queren bailar con Galicia o resto como di a canción é un lío.

Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

Exit mobile version