Un curso máis, un grupo de 41 alumnos do IES Marqués de Sargadelos acompañados dos seus profesores, pasa unha semana de convivencia en Andorra en contacto coa montaña, coa neve e coa práctica do esquí
redac
É esta unha actividade lúdico-deportiva que xa se vén desenvolvendo neste centro curso tras curso e que esperta entusiasmo entre o alumnado do centro. Chegaron a Andorra o sábado, 19 de xaneiro, e volverán o próximo 26.