Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta financiou cunha achega de 40.000 euros as melloras nas instalacións do campo de Cantarrana, en Viveiro

Viveiro, 13 de decembro de 2018.- A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia financiou cunha achega de 40.000 euros as melloras nas instalacións deportivas do campo de Cantarra, en Viveiro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu ao encontro entre o Viveiro Club de Fútbol e o Club Deportivo de As Pontes xornada na que tivo lugar a inauguración do novo rego automático posto en marcha neste campo, grazas a este apoio.

“Atendendo a peticións que nos fixo chegar a directiva do club, a iniciativa permite dotar ás instalacións dun sistema do que carecía o que obrigaba a realizar estas operacións de coidado do céspede e do campo de xogo de xeito manual”-explicou

A axuda instrumentalizouse a través dun convenio de colaboración co Concello de Viveiro, por ser este o titular das instalacións deportivas.

O Viveiro Club de Fútbol dispón na actualidade dun equipo competindo na liga rexional preferente e de distintos equipos en categorías inferiores, algúns en competicións autonómicas. Ademais está a piques de celebrar o seu centenario.

Exit mobile version